Galicia City - Galicia en Internet

  Inicio : Arte y Cultura : Musica : Bandas_de_Musica          [Añadir mi sitio a esta categoría]


  • Banda de Música de Salvaterra de Miño
    Páxina oficial da Unión Musical de Salvaterra de Miño. A Banda de Música de Salvaterra fundouse en agosto de 2006, data da súa primeira actuación nas murallas de Salvaterra. Nos seus inicios a banda contaba con menos de 25 músicos, e só dous anos máis tarde xa son máis de corenta, e unha escola con máis de 100 futuros músicos. Está apoiada pola Asociación Unión Musical de Salvaterra creada medio ano antes para formar ós músicos que agora integran a banda. Durante o seu primeiro ano e medio de vida xa realizou numerosas actuacións, salientando as festas das numerosas parroquias de Salvaterra, Pazos de Borbén, Celanova, Tui, Crecente, Salceda etc.
    Localización: C/ Raiña Doña Urraca, 12 36450 Salvaterra de Miño - (Pontevedra)
    (Alta: 07-Ago-2009 Visitas: 134 Calificación: 0.00 Votos: 0)   Califíquelo   Escriba un comentario  Ver Más Información
  • Banda de Música Municipal De Agolada
    A Banda de Música Municipal de Agolada é unha agrupación formada por músicos cunha media de idade en torno ós 20 anos, sendo a continuadora da tradición musical no concello de Agolada que ó longo do século XX portaron as bandas de música de Artoño, Baíña, Ventosa e Brántega. Nace no ano 1993 despois da desaparición da última banda do concello, a Banda de Música Cultural de Brántega
    Localización: Casa da Cultura s/n 36520 Agolada - (Pontevedra)
    (Alta: 07-Ago-2009 Visitas: 81 Calificación: 0.00 Votos: 0)   Califíquelo   Escriba un comentario  Ver Más Información
  • Federación Galega de Bandas de Música Populares
    A Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) é unha unidade asociativa creada en 1987 para dar resposta ás necesidades comúns das bandas galegas. Entorno a ela concéntranse 88 bandas populares. A FGBMP actúa como centro para o desenvolvemento e administración de información, promoción educativa e divulgativa da labor das bandas, así como de organización de cursos, festivais, certames ou intercambios entre bandas de características similares, tanto galegas coma estranxeiras. Primeiramente centrar o debate, a nivel interno, en tódalas cuestións que preocupan ás Bandas de Música e das que depende o seu futuro (xestión administrativa, formas de finanzamento, reformas organizativas, xestión das escolas de música?). A segunda razón é a de transmitirlles ás Institucións Públicas galegas a verdadeira dimensión do movemento asociativo musical.
    Localización: Rúa Anxeriz, 3 - Baixo - Oficina 2. Milladoiro 15895 Ames - (A Coruña)
    (Alta: 07-Ago-2009 Visitas: 83 Calificación: 0.00 Votos: 0)   Califíquelo   Escriba un comentario  Ver Más Información




Publicidad


GaliciaCity!com: Galicia City